Boa Vila Basket

·
A fin de semana pasada desprazámonos a Valongo(Portugal) convidados polo club NCR Valongo – Basquetebol para disputar o seu IV Torneo internacional de Minibasket. Desprazámonos ata alí con catro equipos, dous minis masculinos, un de primeiro ano e outro de segundo, un mini feminino e un equipo premini mixto.
Chegamos o venres pola tarde para aloxarnos e comezar a competir o sábado durante todo o día e o domingo ata as catro da tarde, pero non todo foi competición, xa que a noite do sábado tivemos unha gran festa de Entroido onde os nosos mozos e mozas gozaron como nunca.
Foi unha marabillosa experiencia, a primeira saída das súas vidas para moitos, no que fomos tratados dunha forma excelente pola organización e moi especialmente por Sofia e Enrique, os mozos que nos acompañaron durante estes tres días e que ao final eran un máis da expedición do Boa Vila Basket. Moitísimas grazas pola vosa amabilidade.
En definitiva, unha fin de semana memorable para os nosos xogadores e xogadoras de canastra pequena e onde ademais fomos os mellores en categoría minibasket tanto en masculino como en feminino. Aínda que o resultado era o de menos.
Agradecer a tod@s s nos@s moz@s por esta gran fin de semana xa que o seu comportamento foi exemplar, e reiterar o noso agradecemento ao NCR Valongo – Basquetebol pola invitación e pola súa gran organización.
@boavilabasket
@lossaucespontevedra
@xesnova